“Arría cabo, mariñeiro!. Queda moito mar. Antón Luaces

20 Xullo 2022

A Ínsua a babor. Gardando as bandas, a Illa (Vilagarcía como pano de fondo) e Riveira. O curuto da Curota pendurado no ceo da punta dunha estrela viaxeira, a popa. Pola proa, Sálvora. No mar, unha familia de golfiños que xogan a “Tres marinos en la mar, outros tres a navegar”. Cheira a pólvora. Unha brigada de traballadores celestiais sementa pó de estrelas para que na Ria falen, coma decote, de luras fuxidías. A noite vénse enriba. Nas pedras fanequeiras vixían os polbos a barlovento.

Arría cabo, mariñeiro!.

Un acompasado tac, tac, tac, repica entre Rúa e Guidoiro. Pío baixa do Pombal con dous baldes valeiros: un para encher, outro para gardar a vez. Antonio ten os dedos pegañentos de tanto lle dar “pez” ao fío de zapateiro no garigolo de Pepe de Noia. Queda moito mar, mariñeiro; moito mar.

As carrulas chían a babor,  onde pestanexa o ollo de cíclope da Insua. Nun banco da lonxa arrola o seu soño sempiterno un mozo loiro que quer ser mariñeiro. Salabardea, Acevedo, que ven Pepe Moraña poñer a quecer os electrodos da máquina de cine, mentres Amancio rebobina a película en cadansúa parte de dous descansos.

Arría cabo, Cuca, que a dorna con corpo de quenlla recibe vento de proa. Velaí ven o sol, espelindo para alumear os rochedos de Rúa e coroar as montañas que pechan a Arousa terrestre.  Juanito Ujía bótalle un “sol e sombra” na das Caseiras, onde remata a Praia da Pedra Pateira e durme a sombra da cheminea de ladrillo e fume  da conserveira de Cerqueira. Fondea, Andrés- Teu tío nolnm sdairá ao mar ata a tardiña, cando os corvos sobrevoen A Garita e os merlos asubíen nos Túneles. Moito por voar, paxaros; moito por contar nos pinares de San Roque.

A espadaña da igrexa da Guía escribe versos no comiterio de Frións, onde Lino garda, teimudo, a súa muleta de aluminio. Ei, Noruegho!, berran no pinar. Juan Abelleira marcará esta tarde un gol ao Vilanova.

Moito, moito mar queda por diante, mariñeiro.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...