Aguiño acolleu a presentación da obra do ribeirense Carlos Callón sobre “O libro negro da lingua galega”

10 Xullo 2022

remitida

O Conservatorio de Aguiño acolleu esta fin de semana a presentación do libro de Carlos Callón O libro negro do galego, acto organizado pola Asociación Francisco Lorenzo Mariño .

Houbo algo mais de medio cento de persoas e o acto que durou unha hora contou como mestre de cerimonias a Unai González quen fixo a presentación do autor e do libro en nome da asociación e como amigo e compañeiro de instituto. Interveu tamén Xesús Laiño en nome de Barbantia pero tamén como profesor dos dous no instituto a quen Callón chamou “sabio” e que tivo moito que ver na súa querencia polo galego.

Unai González tamén falou daquela época con Carlos e do seu libro, citando varios artigos nos que fala de don Francisco, de que Aguiño foi o primeiro templo cristián, igrexa de Galicia en ter rotulado todo en galego, de que miraba en galego e de anécdotas de don Francisco que non están no libro.

remitida

O libro negro dá lingua galega, é unha obra que se centra na represión existente cara á lingua galega desde 1543 ata a actualidade.

Carlos Callón reivindica a situación de “perigo” na que se atopa o idioma galego, preto dun punto de “non retorno”. O autor explica que o obxectivo principal da obra, dividida en 15 capítulos, é “transformar o presente mediante o coñecemento do pasado”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...