A Xunta inicia esta semana novos traballos de limpeza nas marxes de varias estradas autonómicas de Muros


A Consellería de Infraestruturas informou que a administración autonómica retomou estes traballos tras renovar coa empresa pública Seaga, por máis de 2,2 millóns de euros, o contrato para acometer tarefas de control da biomasa das marxes das estradas autonómicas para previr incendios e reforzar a seguridade viaria.
Deste xeito, asegurou que comezan os labores de roza e limpeza na AC-550, ao seu paso polo concello de Muros.