A Xunta habilita un chat bot para facilitar a comunicación da presenza de niños de velutinas

15 Xullo 2022

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixeron este 15 de xullo balance do programa galego de vixilancia e control fronte á avespa velutina acordado entre a Xunta e os concellos a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Nun encontro con representantes da empresa pública SEAGA, da central de chamadas do 012 e do 112 Galicia anunciouse unha nova ferramenta tecnolóxica, con feitura de chat bot, para combater a presenza da devandita especie invasora.

A ferramenta foi posta en marcha esta mesma semana para que a cidadanía poida comunicar á Xunta a presenza de niños de avespa velutina como vía complementaria ao Teléfono de Atención e Información á Cidadanía 012.

Esta canle de comunicación, segundo explicou a directora xeral de Administración Local, “é unha contorna de conversa semellante a doutros servizos en liña que conta con opcións pechadas de resposta para guiar aos usuarios co obxectivo de rexistrar o aviso de maneira axeitada”. A través dela, os cidadáns teñen á súa disposición este servizo as 24 horas do día os 365 días do ano ao que se pode acceder desde a páxina web do 012.

A directora xeral tamén fixo saber que esta nova aplicación “contribuirá a avanzar na dixitalización do 012”. Tamén anunciou que a Xunta, “ao igual que o ano pasado”, reforzará dende este 16 de xullo e ata mediados de setembro a liña específica do Teléfono 012 para atender os avisos de niños de velutina estendendo a súa cobertura a tódolos días da semana en horario entre as 08,00 e as 20,00 horas, mentres que o resto do ano está activa de luns a venres tamén nese horario e os sábados de 08,00 a 17,30 horas.

Natalia Prieto incidiu na importancia da colaboración cidadá e a necesidade de que contacten co teléfono 012 cando detecten un niño de avespa velutina e informen da súa presenza co obxectivo de minimizar o seu impacto e frear o seu avance na comunidade galega.

Lembrou tamén, dixitalmente falando, que a Xunta informa á cidadanía do estado das súas comunicacións mediante o servizo de comunicación de resolución de avisos SMS, desde o que foron enviadas no primeiro semestre deste ano máis de 6.100 mensaxes; e que o ano pasado integrouse nese servizo a nova aplicación Controlvelutina na que os efectivos de SEAGA xestionan os avisos introducindo en tempo real os datos de xeolocalización e fotografías do niño, as observacións de cada caso e o resultado final.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.