A Rede Cultural da Deputación chega aos concellos nos meses de verán con 534 espectáculos

04 Xullo 2022

A Rede Cultural da Deputación 2022 chega aos concellos nos meses de verán con 534 espectáculos e “co fin de promover que toda a cidadanía da provincia da Coruña teña acceso a unha programación cultural de calidade, independentemente da localidade na que resida”, en palabras do deputado Xurxo Couto. O departamento do que é responsable inviste este exercicio no seu circuíto artístico para os municipios un total de 1.509.836 €.

Propostas escénicas, audiovisuais, música, danza, ou maxia conforman a oferta, repartida nos catro programas do catálogo: ‘Escena ao vivo!’ (para espectáculos profesionais de teatro, música, monicreques, maxia, danza e circo), 324 actividades; ‘Visións’ (para cinema e contidos audiovisuais), 115 actividades; ‘Lingua a Escena!’ (para espectáculos profesionais de música, teatro, danza, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega), 67 actividades; e ‘Alicerce’ (para grupos de música, danza e teatro non profesionais), 27 actividades.

“Trátase”, afirmou Couto, “dunha programación que é o espello do noso panorama cultural actual, desde propostas tradicionais ás máis innovadoras”.  A oferta musical inclúe concertos de  Chicharrón, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Sés, Guadi Galego, Tálesien, Magín Blanco, Boyanka Kostova, Leilía, Mercedes Peón, Uxía e Javier Ruibal, Luar na lubre, Ruxe Ruxe, Milladoiro ou De Vacas.

As principais propostas da escena galega, da danza, do circo e da maxia forman parte tamén do catálogo desta edición da Rede Cultural, con espectáculos como os de Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay e a súa montaxe “Coleccionistas: a arte feita comedia”, Contraproducións, Teatro do Noroeste, Moc Moc MeRe Clown, Peter Punk Pallaso, N+1 Teatro Circo Danza, Desastronauts, Elahood, Mago Antón o Dani Polo.

“Cuñados”, de Toño López, é unha das propostas más solicitadas polos concellos, dentro dunha programación na que tamén se exhibirán “Pinocchio”, “Bella e o circo máxico”, “El cuarto de la mona”, “Quien a hierro mata” ou “Goomer”. O programa non se esquece da cativada, para os que hai reservada unha ampla oferta con  Barafunda, Paporrubio, Bellón Maceiras e Mamá Cabra, Pakolas, A Gramola Gominola ou Teatro Ghazafelhos.

O verán volver ser, un ano máis, a época na que máis se concentran as propostas da Rede Cultural: só nos meses de xullo, agosto e setembro,  ofrecerá 534 espectáculos, dos 1.263 que forman o programa anual.

A axenda completa de actividades e toda a información sobre cada espectáculo en particular pódese consultar en: https://dacoruna.gal/axendaredecultural

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.