A Pobra reivindica a súa historia mariñeira nunha mostra fotográfica

16 Xullo 2022

Máis dun cento que fotografías conforman a exposición A vila pobrense, as súas xentes e… o mar, na cal se ofrece un repaso polo vínculo da localidade co mar dende distintas perspectivas. Enmarcada na programación dunha nova edición da Semana do Mar, o acto de apertura tivo lugar na tarde deste 15 de xullo, na Casa Mariñeira.

Durante a súa intervención, a concelleira do Turismo, Charo Varela (Nós Pobra), agradeceu a implicación da veciñanza por ceder as imaxes que compoñen esta mostra na que se reflexa a pesca de baixura, conserveiras, mariñeiros en alta mar… Trátase, dixo, dunha destacada serie de instantáneas, tanto antigas coma contemporáneas, “que poñen en valor a relación da Pobra co mundo marítimo a nivel social, económico, cultural e xeográfico, ademais de homenaxear a aquelas persoas que fixeron medrar a vila a través do seu traballo no medio mariño”. Tamén tivo palabras de agradecemento para Miguel Ríos, quen cedeu para a ocasión varias caixas do peixe ilustradas a acuarela con marismas.

O proceso de recompilación do material gráfico consistiu na achega por parte da cidadanía pobrense das instantáneas que levaron a Foto Ríoss, onde os exemplares foron dixitalizados para a impresión das copias que se atopan expostas na referida instalación municipal ata finais de mes.

As visitas poden realizarse no horario habitual da oficina do turismo.

Outros artigos

Barbanza Arousa recibe as primeiras adhesións ao SICTED

A Mancomunidade Barbanza Arousa, en consonancia coa súa estratexia de colaboración público-privada, continúa este ano coa implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino, SICTED, entre os axentes turísticos do territorio. Nesta ocasión, a primeira...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Celebrando a  Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía e o seu día celebramos o que nos une, o que nos representa e o que nos move. Poucas figuras concitan ó seu redor a unanimidade que convoca Rosalía. E iso en boa medida porque ela soubo tocar as cordas, unha a unha, aínda que fose de distinto...