A imaxe corporativa do Concello da Pobra, recoñecida no Galicia Design Week

14 Xullo 2022


O festival de deseño pioneiro da comunidade, Galicia Design Week, amosa na cidade da Coruña
traballos significativos do deseño galego xunto con referentes internacionais. A imaxe corporativa do Concello da Pobra do Caramiñal foi seleccionada como #futurodeseñogalego dentro do apartado Showcase.
O traballo permanece exposto no Palexco no período comprendido entre o 24 de xuño e o 17 de xullo. O dito certame está organizado por Galicia Design e Follow coa Asociación Galega de Deseño, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, o Clúster da Comunicación de Galicia e DIDAC como entidades socias. Patrocinan Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Turismo da Coruña.
A maiores, destacou como un dos mellores proxectos de fin de grao na EASD Ramón Falcón dos máis de cen presentados no 2020.
A identidade corporativa supuxo a unificación de tódalas versións distintas que se foron empregando ao longo dos anos nas distintas concellarías. Canto á tipografía, optouse pola Roboto, con formas suaves e redondeadas, e seis pesos (Black, Bold, Medium, Regular, Light e Thin), para facer que sexa adaptable e lexible en calquera tipo de soporte. Con relación á gama cromática, escolléronse cores que predominan nas fotografías aéreas do municipio: o azul verdoso da natureza; o salmón, polos tellados das casas; e o amarelo, polos areais do municipio.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.