A histórica Goleta Evangelina de Rianxo ponse ao servizo de residentes e visitantes cun programa estival de travesías pola ría

04 Xullo 2022

O Concello de Rianxo compartiu este luns 4 de xullo os detalles dunha interesante iniciativa de lecer e turismo náutico para este verán. Trátase dun programa de 20 travesías nun histórico valeiro (a Goleta Evangelina) posto a disposición de veciños e visitantes para permitirlles coñecer a fondo a ría dende unha óptica diferente e co privilexio de navegar nunha embarcación local, con porto na dársena de Rianxo, con máis dun século de vida sucando os mares.

As saídas marítimas partirán do Club Náutico de Rianxo e durarán unha hora e media, incluíndo dúas opcións, unha singradura mariñeira polas mañás e unha saída ao atardecer, para “gozar das paisaxes e o solpor”, informou o Concello, engadindo que os meses de xullo e agosto inclúen a meirande parte das saídas, e que o xoves 15 de setembro pecharase o programa o día do Feirón Mariñeiro.

A embarcación escollida é a Goleta Evangelina, con 110 anos de historia pola costa galega. Ten capacidade para 12 prazas e alcanza os 18,70m de eslora, 5 de manga e 1,65 de puntal. Construída nunha carpintaría de ribeira e restaurada nos Estaleiros Catoira de Rianxo, o seu porto base é en Rianxo, onde se pode contemplar acotío.

Travesía mariñeira

A partir das 09:30 no Club Náutico de Rianxo para saír ás 10:00 e visitar tradicións e oficios mariñeiros da ría, como é a cría do mexillón nas bateas.

Travesía atardecer

A partir das 20:30 no Club Náutico de Rianxo para saír ás 21:00 e gozar das paisaxes privilexiadas da ría máis grande e as panorámicas do solpor.

Datas e horario de saída

Xullo

7 (10:00 Travesía mariñeira / 21:00 Travesía atardecer)

9 (10:00 Travesía mariñeira / 21:00 Travesía atardecer)

14 (10:00 Travesía mariñeira / 21:00 Travesía atardecer)

27 (10:00 Travesía mariñeira / 21:00 Travesía atardecer)

29 (10:00 Travesía mariñeira)

Agosto

3 (10:00 Travesía mariñeira / 21:00 Travesía atardecer)

5 (10:00 Travesía mariñeira / 21:00 Travesía atardecer)

10 (10:00 Travesía mariñeira / 21:00 Travesía atardecer)

17 (10:00 Travesía mariñeira / 21:00 Travesía atardecer)

24 (10:00 Travesía mariñeira / 21:00 Travesía atardecer)

Setembro

15 (10:00 Travesía mariñeira)

Inscricións

É necesario inscribirse de xeito presencial e recoller os billetes nos puntos de información turística de Rianxo, cos nomes de cada persoa e un teléfono de contacto. Os billetes reserva presentaranse para o acceso á embarcación.

Prezo

Adultos (a partir de 12 anos): 15€

Nenas/-os (de 0 a 11 anos incluídos): 10€

O pagamento realizarase na embarcación.

Punto de encontro

Club Náutico de Rianxo, na caseta de vixilancia situada na marxe dereita de acceso.

Cómpre chegar media hora antes da saída da embarcación: ás 09:30 para as travesías mariñeiras e ás 20:30 para as travesías ao atardecer.

Teléfonos de información

Turismo de Rianxo: 604 023 753

Tripulación da embarcación: 644 525 976

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.