A Festa do Percebe de Aguiño regresa con forza este 31 de xullo

30 Xullo 2022

Este 31 de xullo celébrase unha cita na comarca que os seareiros dos mellores produtos galegos e da nosa cociña non poden deixar de lado: a Festa do Percebe de Aguiño, que chega á súa 23 edición cun novo e importante recoñecemento, o de Festa de Interese Turístico Galego. As actividades terán o seu epicentro no porto da vila mariñeira, a partir das 12.00 horas. No capítulo de novidades, a celebración deste ano inclúe un novo prato co logotipo da festa e cun epígrafe inscrito que fala ás claras da importancia do produto: “O Rei do Mar, Percebe de Aguiño”. Neste “ano de reinicio”, logo das parénteses da COVID, distinguirase como percebeiro de honra ao artista local Manuel Ayaso. A festa vén da man da Confraría de Carreira e Aguiño co patrocinio e colaboración do Concello de Ribeira. O cartel desta edición contén unha fotografía tomada por Luis Polo, autor do libro Percebeiros de Aguiño e tamén das imaxes que se mostran nas paredes da Lonxa local.

Outros artigos

Comezaron en Ribeira as obras de mellora do parque Pedra Pateira

O Concello de Ribeira informou de que xa comezaron este mes de marzo as obras para poñer a punto o parque infantil de Pedra Pateira, no barrio de Bandourrío (Santa Uxía). A actuación contempla unha liña de pluviais para evitar a acumulación de auga superficial, novos...

+

Ana Peleteiro: nai e medallista no Mundial Indoor de Glasgow

Antón Luaces-. Aos seus 28 anos, a atleta ribeirense Ana Peleteiro, especialista en triplo salto, acadou a medalla de bronce no seu retorno á pista cuberta após ser nai. Foi nesta fin de semana e a súa medalla a primeira española na final do Mundial indoor de Glasgow...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rodar e rodar”. Carlos Moledo

“Rodar e rodar”. Carlos Moledo

Recordarán los lectores que hace apenas quince días Galicia estaba inmersa en unacaloradísimo debate socio-político planteado por múltiples formaciones políticas, algunas yacasi extintas a día de hoy, al menos hasta dentro de cuatro años. Dichos partidos políticos,...