A Deputación financia o acondicionamento do lavadoiro do Chalón, en Muros

13 Xullo 2022

Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña, e a alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, asinaron este 13 de xullo un convenio de colaboración para o acondicionamento do lavadoiro do Chalón, no dito termo municipal.

A Deputación da Coruña financiará con 12.000 euros o proxecto para o acondicionamento da contorna do lavadoiro, que, segundo indicaron Formoso e Monteagudo, conta cunha cuberta de formigón que se atopa en moi mal estado. A dita contía representa o 80% do orzamento total previsto para a execución da obra, que ascende a 15.000 euros.

A actuación centrarase na substitución da cuberta de formigón que se construíu sobre o lavadoiro e que, nunha inspección encargada polo Concello, foi cualificada “como de moi baixa calidade estética” e “que ademais conta cun mal estado de conservación”.

Os traballos a levar a cabo inclúen a protección do lavadoiro para evitar que sufra calquera deterioro durante o proceso de demolición mecánica do forxado, alicerces e vigas que forman a cuberta. Posteriormente executaranse peitorís perimetrais de 45 centímetros de altura e 30 centímetros de ancho e unha escaleira de pedra.

O prazo previsto para a execución dos traballos desde o inicio das obras é de tres meses.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.