A ARE propón ao Concello dinamizar o Mercado Municipal e habilitar un viveiro de empresas no polígono

11 Xullo 2022

Na mañá deste mércores 6 celebrouse unha reunión entre representantes da ARE e do Goberno local rianxeiro na que estiveron presentes o presidente da ARE, José Manuel Regueira, xunto coa técnica da entidade, e Adolfo Muíños e Mari Carmen Figueira, alcalde e tenente de alcalde. A xuntanza fora solicitada pola ARE co obxectivo de propor aos representantes locais accións destinadas a favorecer a ocupación dos postos vacantes no Mercado Municipal e dinamizar e poñer en valor as instalacións do mesmo.

Por unha banda, desde a ARE, proponse unha bonificación das taxas que se deben aboar polo uso dos postos, polo menos até “que se acade unha ocupación mínima dos mesmos”. Tamén solicitan unha ampliación nos prazos incluídos nos procedementos para a adxudicación dos postos vacantes coa finalidade de que estes estean a disposición de interesados o maior tempo posíbel e que o proceso de adxudicación se reactive en canto finalice o anterior. “Deste xeito reduciranse ao máximo os prazos e facilitase o acceso aos espazos dispoñíbeis en calquera momento”, sinalou a ARE, que tamén puxo o foco na necesidade de “organizar actividades” e mesmo “a cesión puntual de espazos baleiros para eventos, presentación e venta de produtos autóctonos ou de empresas locais, etc…”

Desde o Concello acolleron ben estas propostas e indicaron que despois do verán iniciarase o proceso necesario para realizar, sempre conforme á lexislación vixente, os cambios necesarios na normativa, a modificación das taxas e a ampliación dos prazos coa finalidade de favorecer a instalación de novos negocios no Mercado Municipal.

Outro tema posto sobre a mesa pola ARE foi a necesidade de contar cun viveiro de empresas no Parque Empresarial. “Atendendo a que a Xunta conta cunha axuda específica para a creación deste tipo de equipamentos e o Concello dispón aínda dunha parcela en Te, logo de cederlle outra á Consellería de Medio Ambiente para a instalación dunha Base de Unidade Operativa (BUO) para incendios forestais, solicitamos que estuden e valoren a posibilidade de solicitar a axuda da Xunta para a creación dun viveiro e realicen o correspondente proxecto coa finalidade de, no caso de ser viábel, realizar a solicitude na convocatoria do vindeiro ano”, explicaron dende a patronal. Adolfo Muíños fixo saber que atenderá dita petición e así mesmo informou que nos vindeiros meses “vanse realizar as obras definitivas para a posta en marcha do espazo coworking que se está a habilitar na planta superior da Aula Activa do Mar”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.