Unha decena de locais participa esta finde na ruta da conserva en Rianxo

Esta fin de semana, os días 17 (venres), 18 (sábado) e 19 de xuño (domingo) poderanse degustar en Rianxo tapas elaboradas con conserva local dentro do programa Tapas e latas A Orixe, da Mancomunidade Barbanza Arousa. Participan unha decena de establecementos.

Será no Restaurante A Lareira, na Cafetería Toffe, na Catefetería Castelao, no Café Saraiba, na Taberna O Furancho, no Restaurante O Vilar, no Café Bar A Motora, na Cervexería Memphis e máis no Café-Bar O’Costillar. O prezo da tapa elaborada (mexillón, ventresca, xouba e atún) será de 2,50 euros.