Rianxo deu o pulo definitivo ao seu plan de prevención contra o lume, que porá o foco nunha óptima xestión das faixas secundarias

13 Xuño 2022

O pleno da Corporación rianxeira, en sesión ordinaria do día 26 de maio de 2022, aprobou definitivamente o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Concello de Rianxo, confeccionado pola empresa SEAGA, ao abeiro do convenio ao que está adherida a Administración municipal, convenio subscrito tamén pola Xunta e a FEGAMP co obxectivo de crear un sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

De feito, o obxectivo principal do plan é a definición da rede de faixas secundarias de xestión de biomasa, formadas por un conxunto de parcelas lineais do territorio estratexicamente localizadas, e garantir o control e a eliminación total ou parcial da biomasa forestal, mediante técnicas silvícolas axeitadas, co fin principal de reducir o risco de incendio e protexer a seguranza das persoas

Este obxectivo fundamental concrétase nunha serie de accións sobre o territorio que buscan organizar a xestión das masas vexetais en “zonas estratéxicas”, especialmente aquelas declaradas de alto risco de incendio, unido á construción e mantemento de faixas exteriores de protección de zonas poboadas, o tratamento de áreas forestais nun esquema de intervención segundo modelos silvícolas previamente establecidos, no ámbito da defensa de persoas e bens e a defensa dos montes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.