Rianxo conmemora o Día da Diversidade Sexual cun concurso de carteis

02 Xuño 2022

A concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade organiza o I Concurso de Carteis Orghullo Rianxo, con motivo das actividades conmemorativas do 28 de xuño Día Internacional da Diversidade Sexual. O obxectivo é fomentar a participación da rapazada e dos centros educativos do municipio locais na promoción da igualdade e a non discriminación das persoas con independencia da súa orientación sexual e identidade de xénero.

Poderá participar a rapazada entre os 3 e os 17 anos de idade, de maneira individual ou colectiva. Amais, cada artista ou artistas poderán presentar unha soa obra orixinal e inédita.

Nas bases establécese que o cartel que opte ao certame deberá reflectir a reivindicación do 28 de xuño, Día da Diversidade Sexual. Nel teñen que aparecer a bandeira do arco da vella ou as cores da bandeira do arco da vella. Figurará de forma visíbel a seguinte lenda: “ORGHULLO RIANXO 2022”. O idioma empregado será o galego. Amais, deberase entregar a obra en formato A4 en JPG, mediante un correo electrónico a igualdade@concelloderianxo.gal. Por outra banda, os traballos deben ser orixinais e inéditos, non presentados noutros concursos.

O cartel gañador terá un premio dun lote de libros e será o cartel que se reproducirá oficialmente

dende o Concello para a difusión do Día do Orgullo.

As bases e as follas de inscrición e autorización están dispoñíbeis na web do Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.