Os socialistas de Ribeira solicitan unha vía de evacuación no Hospital do Barbanza até a estrada AC-302

10 Xuño 2022

O PSOE de Ribeira presentou unha proposta para ser debatida en pleno relativa ao Hospital do Barbanza e aos seus accesos. Na moción o grupo solicita unha nova vía de evacuación para o complexo de saúde á estrada autonómica AC-302, alternativa “á sinuosa vía de acceso actual de Xenxides”, indican.

Segundo fan saber os socialistas a respecto das orixes desta proposta, “o pasado día 26 de maio os bombeiros de Ribeira colaboraron na posta a punto dun plan de prevención e evacuación do Hospital da Barbanza e na actuación comprobouse que nos días de moita afluencia de usuarios, hai dificultades para poder acceder a instalación”. O grupo engade que os bombeiros corroboraron os atrancos para intervir nas proximidades de Urxencias, “polo tráfico denso das ambulancias”. No PSOE de Ribeira consideran que existirían importantes problemas no caso de ter que realizar unha hipotética evacuación, debido en parte “ás dificultades de comunicación no acceso/saída do complexo sanitario, concretamente nas dúas curvas das Canles, cando coinciden os autobuses e os vehículos longos, o que implica retencións e problemas na circulación do tráfico rodado”.

Os socialistas cualifican de “prioritaria” a habilitación dunha vía de evacuación do Hospital da Barbanza, “unha alternativa de fácil execución que daría una resposta rápida e axeitada as necesidades do transporte sanitario de urxencias, amais de aforrar tempo no desprazamento por estrada, ao comunicar directamente coa AC-302 mediante o camiño veciñal da Fraga 9002, nunha lonxitude duns 800 metros, o que desconxestionaría a vía de acceso principal 9006, e crearía un beneficioso recorrido de entrada/saída”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.