O Porto do Son CF e o CF Noia organizan dúas xornadas abertas para dar forma á escola de fútbol comarcal para novas xogadoras

08 Xuño 2022

O Porto do Son CF e máis o CF Noia veñen de unir forzas para impulsar o fútbol feminino poñendo o foco no deporte de base e nas idades máis temperás, entre os 6 e os 16 anos. Para este obxectivo, crearán unha escola de fútbol para novas xogadoras locais. “Queremos que as nenas da nosa comarca proben unha nova experiencia deportiva”, sinalan dende as dúas entidades, salientando a importante proxección da que está a ser obxectivo o fútbol feminino ao longo dos últimos anos. A idea é abrir as portas da escola ás nenas dos concellos das dúas beiras do Barbanza, co fin de que se “animen” a practicar o fútbol e poidan inscribir algún equipo integramente composto por rapazas nas ligas que a Federación Galega de Fútbol constituíron recentemente, Liga Promesas, Liga Galega Infantil e Liga Galega Cadete.

Para garantir a máxima participación e explicar os obxectivos do proxecto os venres 10 e 17 de xuño os clubs organizarán unhas xornadas de portas abertas (dúas clínics no Campo de San Lázaro en Noia e no Emilio García do Son) para “todas aquelas nenas e rapazas que queiran probar este deporte”. Será, explican, a primeira de moitas iniciativas que ambas entidades promoverán nas vindeiras datas para “abrir as portas do fútbol da nosa zona a todas as nenas e rapazas que queiran introducirse neste deporte e perfeccionar a súa técnica”.

Na entidade en desenvolvemento terán cabida varios equipos das categorías promise (desde os 6 aos 12 anos), infantil e cadete.

As dúas captacións deportivas serán, como dixemos, os días 10 e 17 de xuño, ambas de 18.00 a 20.00 horas. A inscrición é gratuíta e está dirixida a nenas de entre 6 e 16 anos. A día de hoxe contan cun total de 20 prazas confirmadas.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.