O núcleos de Xenxides e Salmón (Ribeira) estarán unidos cunha senda peonil pola marxe dereita da estrada

16 Xuño 2022

A rede de camiños seguros do concello de Ribeira vai sumar unha nova incorporación. Segundo confirmaron fontes do Consistorio, unha senda peonil vai unir os lugares de Xenxides e Salmón, ambos situados na parroquia de Oleiros, a través da marxe dereita da estrada AC-550.

Esta iniciativa está financiada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta, que esta semana vén de contratar os traballos de redacción do proxecto á empresa á empresa Deseños Estruturais e Viarios, S.L..

O que se pretende proxectar é unha senda peonil de 880 metros de longo na marxe dereita da estrada (entre os puntos quilométricos 103+650 e 104+530). “Actualmente”, explicou o Concello, “a zona en cuestión non conta con senda nin beirarrúas, tan só cun pavimento de terra compactada que presenta problemas de transitabilidade en caso de chuvia, e soleiras de formigón nas entradas das vivendas”.

O proxecto contempla desenvolver un itinerario continuo, cunha formalización de acordo aos criterios de deseño de sendas da Axencia Galega de Infraestruturas.

A redacción do proxecto foi adxudicada por 18.089,50 euros e ten un prazo de execución de oito meses.

Reforzo do firme

O Concello tamén lembrou que a Axencia Galega de Infraestruturas licitou por 2.685.503,97 euros o reforzo do firme da estrada AC-550 entre Noia e Ribeira. A este respecto xa se procedeu coa apertura dos sobres A (documentación técnica) habendo un total de 10 ofertas. Este xoves 16 de xuño estaba previsto abrir os sobres B (proposicións técnicas).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.