O Goberno financia melloras no IES da Pobra, no CEIP de Frións e no IES Fontexería (Muros)

21 Xuño 2022

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, debullou este martes 21 os detalles do PIREP (Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos), abeirado ao Plan de Recuperación estatal, que está a permitir a mellora de 26 edificios públicos de titularidade autonómica en Galicia, 21 deles centros educativos. O programa, que vén con 27 millóns de euros transferidos do Goberno á Xunta, contempla traballos no IES da Pobra do Caramiñal, no CEIP de Frións (Ribeira) e no IES de Fontexería (Muros).

José Miñones achegou estes datos durante unha visita ao CEIP Mestre Rodríguez Xixirei, en Santiago, xunto co conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, para supervisar as obras financiadas polo PIREP neste colexio.

“Estamos a mellorar a calidade de vida das persoas e a calidade do ensino adaptando os centros a unhas boas condicións climáticas e conseguindo un aforro enerxético de máis do 40%”, manifestou o delegado, e celebrou que “o Plan de Recuperación do Goberno chega a Galicia” e que o fai “a través la colaboración entre Administracións”.

No IES Fontexería o financiamento será de 1.441.897 €, no CEIP de Frións de 697.670 € e no IES da Pobra de 1.355.911 €.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...