O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia preséntase en Madrid e Portugal

24 Xuño 2022

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, o único certame de Galicia e do noroeste da Península Ibérica que ten como absoluta protagonista a arpa, presentarase en Madrid esta fin de semana e, de cara á que vén, en outras dúas localidades portuguesas: Porto e Braga.

O Noia Harp Fest inicia este domingo unha pequena xira de presentacións acompañadas de concertos. Estes actos, patrocinados polo Xeodestino Ría da Estrela, permitirán tanto dar a coñecer a iniciativa, que dirixe Rodrigo Romaní, como avanzar un dos recitais que se poderán ver en Noia no mes de agosto: a actuación de Beatriz Martínez & Diego Langarica. A primeira presentación, na que tamén se aborda a promoción da Ría de Muros-Noia, terá lugar este mesmo domingo 26, ás 12.30 horas, no Auditorio Manuel de Falla do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Logo da presentación, o acto pecharase coa degustación dun viño galego.

De cara á semana seguinte, o proxecto que conforma o Noia Harp Fest  -e que inclúe, alén da programación musical, obradoiros, clases maxistrais ou a convocatoria do Certame Internacional de Composición Portus Apostoli, entre outras liñas- presentarase nas cidades de Porto (Conservatório de Música) e Braga (Auditorio Jose Sarmento do Conservatório Bonfim) os días 29 e 30 de xuño, respectivamente. Ambas presentacións comezarán ás 18.00 horas.

IX NOIA HARP FEST

A novena edición do Festival Internacional de Arpa Vila de Noia celebrarase do 3 ao 7 de agosto. No seu cartel conflúen artistas de ámbito galego, estatal e internacional, de estilos diversos mais unidos pola interpretación musical a través da arpa. Artistas e agrupacións como Savourna Stevenson, Steve Kettley, Hermanos Corbalán, Kora Jazz Trío, Clotilde Trouillaud, Paula Ceremuzynksa, Manuel Vilas, Beatriz Martínez, Rafa Fernández Trio ou Bleuenn le Friec formarán parte da nova edición dun evento no que a veciñanza gozará tanto ao aire libre  -Praza do Tapal- coma no interior de recintos culturais da vila -Igrexa de Santa María A Nova, Teatro Coliseo Noela- de concertos singulares e dunha notable calidade artística. Coma é habitual, a veciñanza tamén poderá participar nas clases maxistrais con artistas -previa inscrición- ou mesmo da construción, en familia, da arpa de San Martiño de Noia.

Unha das novidades principais desta edición é a convocatoria do I Premio Internacional de Composición Portus Apostoli, un certame que nace coa intención de ampliar o repertorio das obras para arpa e orquestra. O galardón, que conlevará unha achega económica de 2.000 euros para a composición gañadora, suporá a estrea da obra, en concerto, da man da Real Filharmonía de Galicia o ano 2023. Todos os detalles da convocatoria, que conta coa colaboración de Turismo de Noia, están dispoñibles no web www.noiaharpfest.gal.

Noia Harp Fest conta co patrocinio do Concello de Noia, coa colaboración da Xunta de Galicia a través do programa Xacobeo 21-22, de Cabaniñas do Bosque e da distribuidora dixital de música Altafonte, ademais do apoio do Liceo de Noia e da Asociación Terra de Outes.

BIOGRAFÍA BEATRIZ MARTÍNEZ

Beatriz Martínez presenta o seu primeiro cd en solitario, ‘Tal como as nubes’. Este traballo aporta unha concepción moi novidosa no tratamento da música de tradición oral para a arpa céltica coa que se misturan, cunha sensibilidade especial e un estilo absolutamente propio, temas de composición orixinal. Beatriz é na actualidade a figura máis relevante de Galicia no eido da arpa céltica. Formada na Etrad de Vigo, compoñente da orquestra SonDeSeu e do grupo Ghaveta, ten xa unha sólida carreira como intérprete.

Martínez ten dado concertos en solitario ou formando parte do Rodrigo Romaní Trio en Italia, Francia, Escocia, Portugal, Irlanda e figurado nos carteis do Edinburgh Folk Harp Festival, Intercéltico de Lorient, Rencontres de Dinan, Arpe del Mondo ou Festival de arpa de Sentmenat. Tanto no festival coma nas presentacións que terán lugar estes dáis en Madrid, Braga e Porto estará acompañada ao buzuki e á guitarra clásica por outro excelente músico tamén membro de Sondeseu e Ghaveta: Diego Langarica.

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia preséntase en Madrid e Portugal


Os actos, que se celebrarán en conservatorios de música, contarán coa actuación 
de Beatriz Martínez e Diego Langarica, a proxección de vídeos e a degustación dun viño

A IX edición do Noia Harp Fest terá lugar entre o 3 e o 7 de agosto e ofrecerá concertos singulares e dunha notable calidade artística, ademais dunha programación paralela con clases maxistrais e obradoiros familiares.

Noia, 24 de xuño de 2022.- O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, o único certame de Galicia e do noroeste da Península Ibérica que ten como absoluta protagonista a arpa, presentarase en Madrid esta fin de semana e, de cara á que vén, en outras dúas localidades portuguesas: Porto e Braga.

O Noia Harp Fest inicia este domingo unha pequena xira de presentacións acompañadas de concertos. Estes actos, patrocinados polo Xeodestino Ría da Estrela, permitirán tanto dar a coñecer a iniciativa, que dirixe Rodrigo Romaní, como avanzar un dos recitais que se poderán ver en Noia no mes de agosto: a actuación de Beatriz Martínez & Diego Langarica. A primeira presentación, na que tamén se aborda a promoción da Ría de Muros-Noia, terá lugar este mesmo domingo 26, ás 12.30 horas, no Auditorio Manuel de Falla do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Logo da presentación, o acto pecharase coa degustación dun viño galego.

De cara á semana seguinte, o proxecto que conforma o Noia Harp Fest  -e que inclúe, alén da programación musical, obradoiros, clases maxistrais ou a convocatoria do Certame Internacional de Composición Portus Apostoli, entre outras liñas- presentarase nas cidades de Porto (Conservatório de Música) e Braga (Auditorio Jose Sarmento do Conservatório Bonfim) os días 29 e 30 de xuño, respectivamente. Ambas presentacións comezarán ás 18.00 horas.

IX NOIA HARP FEST

A novena edición do Festival Internacional de Arpa Vila de Noia celebrarase do 3 ao 7 de agosto. No seu cartel conflúen artistas de ámbito galego, estatal e internacional, de estilos diversos mais unidos pola interpretación musical a través da arpa. Artistas e agrupacións como Savourna Stevenson, Steve Kettley, Hermanos Corbalán, Kora Jazz Trío, Clotilde Trouillaud, Paula Ceremuzynksa, Manuel Vilas, Beatriz Martínez, Rafa Fernández Trio ou Bleuenn le Friec formarán parte da nova edición dun evento no que a veciñanza gozará tanto ao aire libre  -Praza do Tapal- coma no interior de recintos culturais da vila -Igrexa de Santa María A Nova, Teatro Coliseo Noela- de concertos singulares e dunha notable calidade artística. Coma é habitual, a veciñanza tamén poderá participar nas clases maxistrais con artistas -previa inscrición- ou mesmo da construción, en familia, da arpa de San Martiño de Noia.

Unha das novidades principais desta edición é a convocatoria do I Premio Internacional de Composición Portus Apostoli, un certame que nace coa intención de ampliar o repertorio das obras para arpa e orquestra. O galardón, que conlevará unha achega económica de 2.000 euros para a composición gañadora, suporá a estrea da obra, en concerto, da man da Real Filharmonía de Galicia o ano 2023. Todos os detalles da convocatoria, que conta coa colaboración de Turismo de Noia, están dispoñibles no web www.noiaharpfest.gal.

Noia Harp Fest conta co patrocinio do Concello de Noia, coa colaboración da Xunta de Galicia a través do programa Xacobeo 21-22, de Cabaniñas do Bosque e da distribuidora dixital de música Altafonte, ademais do apoio do Liceo de Noia e da Asociación Terra de Outes.

BIOGRAFÍA BEATRIZ MARTÍNEZ

Beatriz Martínez presenta o seu primeiro cd en solitario, ‘Tal como as nubes’. Este traballo aporta unha concepción moi novidosa no tratamento da música de tradición oral para a arpa céltica coa que se misturan, cunha sensibilidade especial e un estilo absolutamente propio, temas de composición orixinal. Beatriz é na actualidade a figura máis relevante de Galicia no eido da arpa céltica. Formada na Etrad de Vigo, compoñente da orquestra SonDeSeu e do grupo Ghaveta, ten xa unha sólida carreira como intérprete.

Martínez ten dado concertos en solitario ou formando parte do Rodrigo Romaní Trio en Italia, Francia, Escocia, Portugal, Irlanda e figurado nos carteis do Edinburgh Folk Harp Festival, Intercéltico de Lorient, Rencontres de Dinan, Arpe del Mondo ou Festival de arpa de Sentmenat. Tanto no festival coma nas presentacións que terán lugar estes dáis en Madrid, Braga e Porto estará acompañada ao buzuki e á guitarra clásica por outro excelente músico tamén membro de Sondeseu e Ghaveta: Diego Langarica.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...