O Concello pobrense entrégalle á Cruz Vermella os cartos recadados nos actos solidarios a favor da Ucraína

07 Xuño 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal fíxolle a entrega á Cruz Vermella dun total de 2858’81 euros que foron recadados nos distintos eventos organizados para amosa-la súa solidariedade co pobo ucraíno.

Os fondos proveñen dos donativos depositados polas persoas asistentes ás actuacións impulsadas no mes de abril pola Concellaría da Cultura xunto co tecido asociativo local (Asociación Amas de Casa, Eiradela, Xiada, Arrancadeira, Banda Ateneo Musical e Escola de Música da Pobra), así como na fila 0 habilitada para quen non puido asistir pero quixo igualmente face-la súa contribución económica. A isto haille que suma-lo diñeiro obtido no proxecto DiversidArte no Rural, organizado dende a Concellaría dos Servizos Sociais xunto co CAD, e que achegou a música, a danza e o teatro, cun compoñente solidario, a Santo Isidro de Posmarcos no 28 de maio.

A elección da Cruz Vermella débese á súa boa praxe e longa traxectoria, proporcionándolle así esta contribución para a adquisición sobre o terreo dos recursos que se precisen.

As concelleiras da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG); e dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), foron as encargadas de efectua-la entrega do cheque que especifica a contía á presidenta da Cruz Vermella en Ribeira (que tamén asume a competencia da Pobra), Ángeles Cores, quen agradeceu este tipo de iniciativas.

A edil Patricia Lojo agradeceu a implicación de tódalas asociacións e da veciñanza e insistiu en que a Administración local pobrense condena a invasión por parte do exército ruso do territorio ucraíno e en que se continuarán avaliando futuras liñas de axuda á xente da Ucraína.

Como entidade encargada da xestión dos ingresos, a presidenta da Asociación Amas de Casa, Mari Carmen Lijó, deu traslado das contas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.