O Concello de Ribeira publica un bando coas medidas preventivas de cara á festa de San Xoán

09 Xuño 2022

O Concello de Ribeira publicou un bando informativo relativo á festa de San Xoán 2022, no que se achegan as disposicións locais para “previr calquera tipo de incidente co uso do lume, e garantir unhas condicións de limpeza e hixiene adecuadas dos espazos públicos para que poidan ser gozados ao día seguinte pola cidadanía en perfectas condicións”.

Estas son as disposicións do bando:

1. Someter a procedemento de autorización a celebración das tradicionais fogueiras festivas de San Xoán en solo público municipal e áreas de xestión municipal durante o día 23 de xuño e a madrugada do día 24 de xuño.

2. Someter a procedemento de declaración responsable a realización de cacharelas en terreos particulares.

3. Prohibir a realización de fogueiras nos areais do termo municipal.

Estas son as condicións xerais:

– Este bando afecta unicamente a aquelas fogueiras ou cacharelas que sexan realizadas o día 23 de xuño, a partir das 18.00 horas, as cales deberán quedar perfectamente apagadas antes das 06.00 horas do día 24 de xuño.

– Unicamente poderán ser realizadas as fogueiras autorizadas (no caso de celebracións festivas en solo público de titularidade ou xestión municipal) e aquelas que teñan efectuada declaración responsable (no caso de fogueiras ou cacharelas en solo de titularidade privada). As solicitudes ou declaracións presentaranse preferente a través do Rexistro Electrónico do Concello de Ribeira. Opcionalmente, poderanse presentar de forma presencial no Rexistro do Concello.

– O prazo de presentación será o comprendido entre os días 8 e 22 de xuño de 2022, ámbalas datas incluídas, séndolle de aplicación o disposto neste Bando. As fogueiras poderán realizarse unicamente o día 23 de xuño, podendo permanecer prendidas durante a madrugada do día 24 de xuño.

– Só se autorizarán as fogueiras ou cacharelas en solo urbano (núcleos urbanos) e en solo de núcleo rural (núcleos rurais), sen prexuízo das autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos doutras Administracións ou Entidades con competencias sobre o ámbito portuario, a zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, o dominio público marítimo terrestre…

– Queda prohibido realizar lume en solo rústico con calquera uso (agropecuario, forestal…), así como en zonas próximas a terreos destas características que sexan susceptibles de causar un lume incontrolado, de acordo coa lexislación vixente.

Medidas preventivas

– Previamente ao inicio da fogueira, farase unha devasa mediante a eliminación manual ou mecánica da totalidade do material combustible nunha franxa de polo menos cinco metros de longo, rodeando o perímetro que se vai queimar.

– Non se poderán realizar fogueiras nos areais. Para realizalas nas súas proximidades será preciso que conten coas autorizacións das Administracións competentes, dependendo da localización: Demarcación de Costas en Galicia; Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; Portos de Galicia…

– Non se prenderá lume preto de masas forestais ou matogueiras (50 metros de distancia mínima), nin a menos de 15 metros de calquera edificación, tendido eléctrico, instalación de calquera tipo ou vehículo.

– Non poderá iniciarse ningunha fogueira cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento. Asemade, se iniciado o lume se producise a aparición de vento intenso, procederase a apagalo.

– A fogueira deberá contar co persoal e co material suficiente para o seu debido control. Dado o elevado risco para a seguridade e saúde das persoas que as levan a cabo, en ningún caso se levarán a cabo individualmente.

– Non se abandonará a vixilancia da zona da fogueira ata que o lume estea totalmente apagado e transcorresen dúas horas sen que se observen lapas ou brasas.

– Os responsables da organización deberán ter a man mangueiras de auga ou calquera outro medio adecuado para a extinción do lume.

– O montón de materiais que formen a cacharela non poderá exceder de 1,5 metros de altura, salvo casos concretos debidamente xustificados polas especiais medidas de seguridade adoptadas, coma o caso da fogueira de San Xoán de Palmeira.

– Non se abandonará a vixilancia da fogueira ata que o lume estea totalmente apagado e transcorresen dúas horas sen que se observen lapas ou brasas.

Outras medidas e condicións

– Está prohibida a queima de todo tipo de residuos (materiais en cuxa composición interveña o plástico, colchóns, rodas, aerosois, produtos inflamables ou explosivos…), debido aos gases tóxicos que produce a súa queima.

– Fogueiras sobre pavimentos en zonas urbanas. Excepcionalmente permitirase facer a cacharela sobre pavimentos de zonas urbanas (asfaltado, embaldosado…), sempre e cando se faga sobre unha capa de area de polo menos 10 centímetros, ou se coloque algún outro elemento que garanta unha protección adecuada.

– Non se poderán realizar fogueiras que interrompan e/ou deterioren estradas, camiños, zonas verdes…

– No caso de fogueiras en espazos de titularidade ou xestión pública será obrigatoria a limpeza do espazo autorizado, incluídos os elementos utilizados para o desenvolvemento da fogueira e/ou sardiñada, nun prazo máximo de 12 horas despois de rematada.

– Entenderanse autorizadas as fogueiras ou cacharelas en propiedades privadas que se tramitan mediante declaración responsable se non media denegación expresa previa á data da celebración, e sempre e cando se cumpran as medidas e condicións sinaladas neste Bando.

– As celebracións festivas en en espazos de titularidade ou xestión pública deberán obter autorización expresa do concello de forma previa á súa celebración.

– A autorización outorgada non eximirá en ningún caso das responsabilidades por danos ou perdas a que houbera lugar no caso de que o solicitante concorra en neglixencia ou imprudencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.