O Concello de Rianxo achega un obradoiro de empoderamento dixital para as mulleres

02 Xuño 2022

O Concello de Rianxo vai organizar este mes de xuño unha actividade formativa que pon o foco nas mulleres e que asume o desafío de derrubar os muros de inclusión dixital que separan a algúns sectores da poboación feminina das vantaxes e posibilidades (persoais, profesionais, empresariais, de autonomía e de empoderamento) das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación, as TIC. O obradoiro formativo Cara a independencia dixital celebrase do 13 ao 22 de xuño no Auditorio Municipal en horario de 10:00 a 12:30h.

O Concello explicou que as prazas (limitadas) asignaranse por orde de inscrición (a través dos teléfonos 981 972 731 604 024 012 e do correo igualdade@concelloderianxo.gal) e que é preciso dispoñer de conta de correo electrónico e teléfono intelixente.

O curso vén da man da Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade de Rianxo.

Os contidos que se desenvolverán son os seguintes:

1. Como me preparo para facer trámites de xeito dixital.

2. Que é un certificado dixital e outros sistemas de acceso á sede electrónica.

3. Trámites coa Seguridade Social e SEPE.

4. Trámites coa Xunta de Galicia (sede electrónica)

5. Trámites co Concello de Rianxo

6. Trámites coa Axencia Tributaria

7. Redes sociais e seguridade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.