O Concello de Dodro no Festival Internacional ATLÁNTICA de narración oral

15 Xuño 2022

O Festival Atlántica vén de anunciar este mércores na Cidade da Cultura o programa completo da súa décima edición, que se vai celebrar entre o 30 de xuño e o 9 de xullo. A presentación tivo lugar nunha rolda de prensa na que participaron Anxo Lorenzo, secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural do Santiago de Compostela; e Soledad Felloza, directora de Atlántica. Polo Concello de Dodro asistiron o
concelleiro de Cultura e Patrimonio Xoán Xosé Vicente Franco e o de Deportes e Educación Abel Tarrío Abuín.
Destacou Soledad Felloza ao Concello de Dodro pola súa incorporación a este festival e pola súa elección dos escenarios dos actos porque “non esquece os lugares tradicionais de traballo e tan vinculados aos contos como as eiras de Traxeito e de Bexo en Dodro” Os espectáculos que o Festival Atlántica trae a Dodro son o día sábado 2 de xullo na Eira de Traxeito “Dragoeiros e biosbardos” de Sofía Maul de Portugal e Charo Pita de Galicia e na Eira de Bexo o venres 8 do mesmo mes “Contos para caghar patatillas” de Brais das Hortas de Galicia.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...