O Centro Recreativo de Artes (Ribeira) acolleu a entrega de premios de poesía da Asociación Albariza

27 Xuño 2022

O Centro Recreativo de Artes viviu na tarde deste domingo 26 de xuño a entrega de premios da novena edición do Concurso de Poesía Asociación Cultural Albariza. O acto foi unha concorrida cita cultural onde onde se deron a coñecer os gañadores e gañadores deste certame, dividido en catro categorías en función da idade.

Representando ao Concello de Ribeira estivo a primeira tenente de alcalde e concelleira de Cultura, María Sampedro. O evento, un clásico da programación do Xuño da Cultura e as Artes, incluíu a actuación musical da Rondalla Moraima de Arzúa.

As obras galardoadas foron as seguintes:

1ª Categoría (autores de 9 a 11 anos)

-1º premio

O fulgor da primavera. Autora: Helena González López

-2º premio

A noite de san Xoán. Autora: Adriana Lucía Bouzas Noal

Accésits

A bubela. Autora: Marina Arestín Ferreirós

Primavera. Autora: Alicia González Bello

O oso polar. Autora: Valeria Martínez

2ª Categoría (de 12 a 14 anos)

-1º premio

(en branco)

-2º premio

O libro. Autora: Alba Bretal García

Accésit

Ollos verdes. Autora: Ana Estévez Suárez

3ª Categoría (15 a 17 anos)

-1º premio

A dor. Autora: Elena Martínez Parada

-2º premio

Só así pode doer o amor. Autor: Lucas Rivas Murillo

4ª Categoría (a partir de 18 anos)

-1º premio

Vive!! Autora: Alicia Romero Ríos

Mencións (a partir dos 18 anos)

Dedicado ás Mulleres de Antano. Autora: Estrella Franco Lijó

Chora unha nai. Autor: Ramón Sampredro Muñíz

Segunda as bases do concurso, as obras a concursar podían ser pezas poéticas dun mínimo de 20 e un máximo de 50 versos ou traballos en prosa (lendas ou relatos) cunha extensión máxima de dúas páxinas en letra times new roman, corpo 12.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.