O BNG volve advertir dos riscos dunha casa ruinosa en Padín

08 Xuño 2022

O Bloque Nacionalista Galego volveu poñer o foco na casa ruinosa de Padín, a carón do aparcamento do Gadis, que, segundo advirten, está a piques de esborrallarse e pode xerar riscos graves entre a cidadanía. Segundo o BNG, trátase da terceira vez que a agrupación insta ao Goberno local a “realizar de maneira inmediata as tarefas de consolidación oportunas ante o risco de que unha vivenda situada en Padín se veña abaixo”. A vivenda en cuestión presenta importantes gretas e fisuras.

Segundo o BNG, “é necesario realizar actuacións urxentes e inmediatas para consolidar a fachadas da vivenda que eviten a caída de cascallos como aconteceu esta semana”. O portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, detallou que “non é a primeira, nin a segunda vez que notifican desta cuestión ao Goberno local pero este non actúa”.

Segundo Pérez Barral os desprendementos desta semana foron importantes “xa que obrigaron a impedir o acceso ao parque de Padín polo risco que hai para a seguridade das persoas”. E engadiu: “Disto xa informamos en abril e novembro de 2021 pero o señor Ruiz e o seu goberno non actúan, cando pensan facelo?”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.