O BNG demanda actuacións urxentes para deter o deterioro ambiental e a produtividade na ría de Arousa

23 Xuño 2022

A deputada Rosana Pérez e o alcalde rianxeiro Adolfo Muíños compareceron na contorna dos Lombos do Ulla este xoves 23 de xuño, xunto cos portavoces do BNG en Ribeira e Boiro, para explicar as novas iniciativas que se debaterán no Parlamento nas que lle reclaman “medidas urxentes á Administración galega diante do descenso continuado da produción”.

A deputada nacionalista explicou que “malia a riqueza extraordinaria da ría de Arousa, o Goberno galego non está dentro dos seus obxectivos ter unha calidade das augas que garantan esa biodiversidade e esa capacidade produtiva ante unha situación que é clamorosa”.

Os nacionalistas botan man dos datos da Plataforma Tecnolóxica da Pesca, da Consellería de Mar, nos que, segundo din, demóstrase que o descenso produtivo nos últimos vinte anos é “estrepitoso nalgúns casos”, como no do berberecho ou no do reló onde na actualidade só se está a producir o 22,8% e o 13,8% respectivamente da media da produción dende o ano 2002.

Así, se a produción media de berberecho no período 2002-2021 foi de 724 Tn./ano, no 2021 só se produciron 165 Tn. O BNG do Barbanza sostén que no caso do reló “a súa presenza na ría non pasa de ser testemuñal e fronte á produción media de 493 Tn./ano entre o 2002-2008 e o 2015-21, no 2021 foi de 68 Tn”. O descenso é tamén moi preocupante noutras especies como a ameixa babosa, a fina e a rubio, ou como o camarón e o percebe, engaden.

Pérez Fernández mostrou o apoio do BNG ás confrarías, agrupacións de mariscadoras e as asociacións de produtores de mexillón, así como ás distintas asociacións ecoloxistas, “o sector do mar arousán é consciente de que non hai un único problema pero asiste desolado á inacción do Goberno galego”.

Pola súa banda, o rexedor rianxeiro argumentou que “é unha necesidade inmediata implementar medidas e poñer recursos humanos, económicos e tecnolóxicos para investigar as condicións ambientais, os vertidos, a calidade da depuración das EDAR e a calidade das augas dos ríos que desaugan na ría de Arousa”. Segundo Muíños a propia ría está abocada a “un empeoramento e a un deterioro aínda maior que será cada vez máis difícil de corrixir e que implicará unha perda aínda máis importante de produción e, polo tanto, de postos de traballo”.

Desde o BNG indican que as solucións teñen que vir da man das análises e dos estudos que encamiñen as medidas a tomar, “a comezar polas máis urxentes para deter o declive e a seguir polas que leven de xeito paulatino á recuperación ambiental e ao incremento dos niveis de produción”, sinalaron, engadindo que a Xunta dispón de centros propios de investigación como o CETMAR, o CIMA e o INTECMAR, ao que se engade o Observatorio Costeiro de Galiza, e malia todo isto, apuntan, “fallan as decisións e as actuacións políticas que puideran evitar a desfeita”.

“Agora, se o Goberno galego quere poñerlle remedio, xa non é momento de parches. Agora cómpre analizar e intervir decididamente, conxuntamente co sector, de deseñar un plan de actuacións a curto, medio e longo prazo, e de destinar os recursos humanos e económicos necesarios que permitan recuperar medio ambientalmente e produtivamente a ría de Arousa”, concluíu Pérez Fernández.

—

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.