O BNG de Ribeira solicita rozas e melloras de accesibilidade para Artes

14 Xuño 2022

O BNG de Ribeira reclamou este martes 14 de xuño a roza da maleza e mellorar a accesibilidade nas beirarrúas da parroquia de Artes. Segundo fai saber a agrupación, as beirarrúas da parroquia “non se caracterizan por seren amplas, máis ben todo o contrario, son bastante estreitas pero nalgúns puntos aínda se fan máis escasas debido á maleza que crece ou mesmo a sinais que dificultan o tránsito”. O BNG tamén critica que o Concello mandase colocar recentemente un sinal de paso de peóns no cruzamento que vai á igrexa, “de tal maneira que estreita a beirarrúa nese punto poñendo dificultades ao tránsito peonil”. Isto, din, obriga ás persoas que levan carro de crianzas ou de compra a baixar á estrada “para poder continuar camiñando”.

O portavoz nacionalista, Luís Pérez Barral, asegura que “ademais deste sinal, é habitual ver como a maleza invade as corredoiras e parte do itinerario peonil nalgúns puntos das beirarrúas que atravesan Artes”. E engade: “Ano tras ano a maleza invade as corredoiras porque non existe planificación, o goberno actúa a golpe de improvisación”.

Os nacionalistas opinan “que o Partido Popular está sometendo ás parroquias de Ribeira a un abandono cada vez maior e a unha discriminación por falta de investimentos”. E conclúen: “Ante esa parálise, falta de planificación e de investimentos, no BNG imos seguir traballando a carón da veciñanza, como xa estamos a facer, presentando propostas e iniciativas que melloren a calidade de vida da veciñanza” concluíu Pérez Barral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.