O alumnado de conservación de montes do Tahume VII roza e poda o Parque de San Roque

O alumnado da especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes do Obradoiro Tahume VII, impulsado de xeito conxunto dende os Concellos de Ribeira e Porto do Son, vén de realizar traballos de roza e poda de árbores e arbustos no Parque Periurbano de San Roque. Estes labores culminaron coa xestión dos residuos vexetais resultantes, empregando unha trituradora que facilita a eliminación dos restos á vez que favorece a xeración de compost: un proceso de reciclaxe que ten múltiples beneficios para o medio ambiente xa que enriquece o solo.

O Obradoiro de Emprego Tahume VII é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade, co-financiado polo Ministerio de Traballo e Economía Social, e promovido polo Concello de Porto do Son conxuntamente co Concello de Ribeira.

A escola taller ten unha unha duración de nove meses que rematan o próximo día 21 de xullo.