“O abadexo non é para os pescadores”. Antón Luaces

04 Xuño 2022

Se para o actor, escritor, director de cine e dramaturgo español. Fernando Fernán Gómez, as bicicletas non son para o verán, para a Secretaría Xeral de Pesca, no seu intento de ordenación do abadexo na zona CIEM 8C  os mariñeiros do caladoiro Cantábrico Noroeste  que traballan con barcos de artes menores, volanta e palangre no deben existir porque só van poder pescar entre unha e dúas pezas dese peixe (bnadexo) á semana, un sistema que vai facer inviable a pesca artesanal que, como recoñecen as confrarías de pescadores, da sustento a milleiros de familias.

Como expoñía recentemente Pedro Pérez  Martelo, patrón maior da confraría de pescadores de Malpica de Bergantiños, esta decisión vai provocar que os pobos pesqueiros “ se valeiren e os portos pequenos desaparezan porque non poden ofrecer suficiente produto, co cal empobrecen a un sector e, como consecuencia, prodúcese o efecto da España vaciada”.

No sector pesqueiro galego non se entende que o ano pasado houbera unha cota de 156 toneladas da que sobraron 50, e neste ano teñan case que 176 de cupo e saen unhas cantidades por barco case “insignificantes e irrisorias”: 10 quilos por barco á semana.

Por máis que, desde mediados do pasado mes de maio, o sector de artes menores demanda da Secretaría Xeral de Pesca atención a este problema, non houbo nen a máis mínima rectificación ao respecto e, deste xeito, as embarcacións de artes menores so poden pescar 10 quilos por barco e semana no trimestre ao igual que os barcos de palangre (ambos no Caladoiro Cantábrico Noroeste) e os da volanta, 15 quilos por barco e semana. É dicir: entre 2 e 4 pezas por barco e semana.

No terceiro trimestre -se non se modifican as previsións- a volanta poderá capturar  70 quilos por barco e semana, e os de artes menores e palangre, 30 quilos cada en seu barco e semana, cifra que será superior no cuarto trimestre: 300 quilos para a volanta e 80 quilos para o palangre e artes menores, sempre por barco e semana.

Verdadeiramente considerará a Secretaria Xeral de Pesca que é posible a rendibilidade dun barco con capturas de dúas ou tres pezas de badexo por embarcación e semana, máxime cando os presos do combustible xa fan por sí inviable a pesca?.

Cabe supor que desta situación non se pode culpar á catastrófica situación que se vive en Ucraína.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...