O 8 de setembro empeza o curso escolar en Galicia

02 Xuño 2022
O curso 2022/23 en Galicia arrinca as clases o 8 de setembro​
e concluirá o 21 de xuño de 2023

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves o calendario escolar definitivo para o próximo curso 2022/23, que non inclúe modificacións con respecto ao borrador presentado a principios de maio. Así, as clases arrincarán en todas as etapas o xoves 8 de setembro e finalizarán o 21 de xuño de 2023.

Segundo a orde recollida no DOG, asinada polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, o calendario queda como foi redactado pola Xunta a pesar das críticas vertidas polos sindicatos –CIG, ANPE, UXT e CC. OO.– en mesa sectorial, que pedían atrasar o inicio ao venres 9 ou, mesmo, ao luns 12 de setembro para así manter en 175 os días lectivos.

Será o xoves 8 o inicio das clases para todos os niveis educativos –Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato–, que ata o momento tiñan datas distintas. A finalización será o mércores 21 de xuño de 2023 con carácter xeral, fóra dos ensinos de réxime especial –concluirán o 30 dese mesmo mes– e 2º de Bacharel –axustarase ao calendario da EBAU–.

En canto aos períodos vacacionais, estarán fixados do 23 de decembro ao 6 de xaneiro, ambos os incluídos, en Nadal; os días 20, 21, e 22 de febreiro para Entroido; e desde o día 3 ao 10 de abril, ambos os incluídos, para Semana Santa.

Así mesmo, serán non lectivos os festivos de ámbito estatal, autonómico e municipal. No caso das festas locais, se unha ou dúas coinciden con días que non son lectivos de acordo co calendario escolar, os centros poderán solicitar á xefatura territorial de Educación que se movan a outras xornadas “argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica” antes do 21 de outubro.

Á parte de todos eles, a Xunta estableceu a celebración do Día do Ensino, que será non lectivo, o luns 31 de outubro de 2022.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...