Noia conmemora os 50 anos da Casa de Rosalía

15 Xuño 2022

En Noia teremos estes días exposicións e presentacións. Por unha banda, lembrar a apertura da exposición sobre os 50 anos da Casa de Rosalía (A Casa da Matanza, sede da fundación que leva o nome da poeta) habilitada na Alameda dende este mércores 15 de xuño até o 28 do mesmo mes. A mostra repasa a historia da Casa-Museo de Rosalía e lembra o fito que supuxo conseguir mercar, restaurar e musealizar este inmóbel en pleno franquismo grazas á colaboración de milleiros de persoas.

A iniciativa itinerante, que estivo os días pasados na Pobra, coincide co 50 aniversario da Casa da Matanza. A mostra, comisariada por Pepe Barro e impulsada pola Xunta e a Deputación da Coruña, busca poñer en valor a recuperación e musealización do inmóbel ó tempo que fai un repaso pola súa historia dende que en xullo de 1971 abriu as súas portas ó público.

Ademais, sen saírnos de Noia, este venres 17 de xuño presentarase na Casa da Cultura de Noia o libro As expresións inglesas (kind of e sort of), de Héctor Agrafojo Blanco, ás 20.30 horas.

Ao día seguinte, sábado 18, o Liceo de Noia (concello de Noia) acollerá a presentación do libro Unha etapa estelar e conflitiva da Galiza (a segunda metade do século XIV). Tomo I. A relevancia do Reino Galego Medieval (AS-PG – Fundación Galiza Sempre), de Francisco Rodríguez. O sábado tamén haberá un concerto no Malecón de Gasset, a cargo da Escola de Música Sondela, coincidindo co remate do curso. O primeiro pase é ás 19.00 e o segundo ás 20.30 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...