Noia, beneficiaria dunha axuda para a renovación do alumeado público exterior

O Concello de Noia resultou beneficiario dunha axuda para a renovación do alumeado público exterior no municipio. Dito investimento foi co-financiado polo IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía) ao abeiro do Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, que regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono.

Dito investimento levouse a cabo en 1.043 dos 4.012 puntos de luz existentes no municipio. O obxectivo non é outro que “reducir a potencia do consumo enerxético, acadando así un aforro no consumo de recursos e unha redución das emisións de CO2 e de outros contaminantes atmosféricos, mediante unha mellora na eficiencia”.

O proxecto do Concello de Noia para a renovación do alumeado público exterior no municipio de Noia foi financiado nun 80% polo IDAE a través do Programa Operativo FEDER do crecemento sustentábel 2014-2020. Dito importe ascende a 460.416,54€.