O mércores amenceremos con néboas na costa e ceos pouco nubrados en xeral no resto. Co avance da xornada iranse desfacendo as néboas, pero no interior formaranse nubes e chuvascos, localmente treboentos, que caerán de xeito máis xeneralizado pola noite. As chuvias chegarán cara o serán
As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso superando os 32 graos. O vento soprará frouxo, de dirección variable en xeral.
| Temperatura do aire (°C) | MINMAX 17° 33° |
| Temperatura da auga (°C) | 17° |
| Índice ultravioleta máx. | 9 |

O NOSO MAR: Vento variable á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 4 á tarde e 5 a 6 á noite. Mar rizado á mañá, mar ovellado á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade mala á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 05:17 | 3.8 m |
| Baixamar | 11:20 | 0.5 m |
| Preamar | 17:38 | 3.9 m |
| Baixamar | 23:54 | 0.4 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 05:08 | 3.7 m |
| Baixamar | 11:13 | 0.6 m |
| Preamar | 17:30 | 3.9 m |
| Baixamar | 23:44 | 0.4 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 05:13 | 3.7 m |
| Baixamar | 11:17 | 0.5 m |
| Preamar | 17:34 | 3.9 m |
| Baixamar | 23:49 | 0.4 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



