Éxito total das bailarinas da Escola Municipal de Ballet de Ribeira na clausura do curso

13 Xuño 2022

O Auditorio de Ribeira encheu o seu aforo este domingo pola tarde-noite con motivo da clausura do curso 2021-2022 da Escola Municipal de Ballet. Participaron no festival medio centenar de bailarinas, cuxa actuación foi recoñecida cun rotundo aplauso do público. A cita encadrouse na programación do Xuño da Cultura e as Artes, que retomou a súa actividade despois de dous anos nos que non que foi posible celebrar este tradicional espectáculo.

As rapazas interpretaron a función Soño dunha noite de verán, con música de Felix Mendelssohn a partir da célebre obra dramática de William Shakespeare e cunha coreografía adaptada por parte da directora da Escola, Cristina Riveiro.

Ao longo dunha hora desenvolveuse un espectáculo na que dúas amigas se disputaban a simpatía dunha fada nun ambiente máxico poboado por elfos, trasnos, fadas e vagalumes.

A continuación tivo lugar a entrega de diplomas a todas as integrantes da Escola Municipal. A concelleira de Cultura, María Sampedro, felicitou ás talentosas bailarinas e a súa profesora por deleitarnos coa beleza desta actividade e animounas a seguir esforzándose para que no ano que vén nos volvan a brindar o seu bo facer.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.