Este sábado 25 de xuño a Real e Ilustre Confraría da Dorna vai habilitar na explanada do porto de Ribeira (á altura do antigo palco de pedra) un novo posto de venda de suadoiros dorneiros, co obxectivo de recadar fondos para a vindeira singradura da histórica festa. Haberá dúas quendas: unha primeira para sosios da confraría sobre as 11.00 horas e unha segunda para non sosios a partir das 12.00 horas. A directiva dorneira explica que só se poderán coller catro prendas por persoa. Ademais, en caso de chuvia (máis que probábel) o posto de venda trasladarase á contorna da lonxa vella de Ribeira.




