En Ribeira o Colexio Pé do Corniño amosa no CIELGA unha mostra sobre o parque

06 Xuño 2022

A concelleira de Educación, Juana Brión, participou na inauguración da Primeira Mostra de Fotografía ‘O Xigante de Area’, unha exposición promovida polo colexio Pé do Corniño de Carreira que ten como protagonista o parque natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.
Neste senso, o alumnado está inmerso nun proxecto da investigación do parque e con tal motivo o centro convocou un certame de fotografía aberto a quen desexase participar coa fin de exhibir a súa
flora, fauna, paisaxe, postas de sol, actividades deportivas, etc.
dividíndoo en cinco categorías: “vivindo aquí e agora”, “vai de deportes”, “máis que prantas”,”máis que bichos”, “libre” e “de sucia mirada” (que reflicte aspectos negativos da pegada do ser humano no
contorno).
A mostra poderase ver de forma gratuíta ata o mes de setembro no Centro de Interpretación do Litoral dos Ecosistemas Litorais de Galicia (CIELGA).

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.