
Servizos de emerxencias tiveron que actuar este luns, pouco antes das 15.00 horas, para sufocar un incendio nun terceiro piso dun edificio situado en rúa Estatuto de Galicia de Boiro. A gran cantidade de fume que se xerou danou a estancia, afectando en menor medida ao resto da vivenda. No interior da vivenda non había ninguén cando comezou o lume, pero as chamas afectaron a un electrodoméstico.
Bombeiros do parque boirense e de Ribeira, efectivos de Protección Civil de Boiro e da Policía Local e a Garda Civil interviron na extinción.