Dúas persoas reciben asistencia médica polos efectos dun incendio na súa vivenda en Noia

11 Xuño 2022

Dúas persoas reciben atención sanitaria debido aos efectos dun incendio nunha cociña.

Ocorreu pouco antes das once desta mañá nunha vivenda situada no lugar de Argote, en Noia.

Alí acudiron os equipos de extinción do parque de Bombeiros de Boiro e do GES de Noia, que foron informados polos xestores do 112 Galicia tras recibir as chamadas de alerta dos propios afectados. Segundo explicaron unha pequena explosión na campá extractora da cociña deu lugar a un incendio que danou a mesma campá e os mobles do arredor.

A causa do intenso fume, resultaron afectadas dúas persoas, unha muller de avanzada idade e un home, que, ademais, tiña pequenas queimaduras nas mans. Así, foron evacuados por unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao centro médico de referencia.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.