Boiro acolle a novena edición do Campus Obradoiro Jealsa que se celebra entre o 27 de xuño e o 2 de xullo

26 Xuño 2022

O Concello de Boiro colabora coa novena edición do Campus Obradoiro Jealsa, que se vai desenvolver entre o 27 de xuño e o 2 de xullo.
A actividade está destinada a rapaces e rapazas de entre 6 e 18 anos e vaise celebrar nas instalacións polideportivas do CEIP Santa Baia e CEIP Praia Xardín e nos pavillóns da Cachada e Barraña e está aberto a rapaces e rapazas de Boiro e toda a contorna. “Este ano podemos volver á normalidade e recuperamos o aforo global ao non haber restricións”, afirmou Daniel Agra.
O xogador, Fernando Zurbriggen, animou a todos os rapaces e rapazas a participar xa que “estas actividades suponen una muy buena oportunidad para prosperar y aprender, además de comprometerse con el deporte”. Dende a dirección do Club de Baloncesto Santa Baia indicaron tamén a importancia de
participar nestas actividades para potenciar o baloncesto no municipio.
A directora de relacións institucionais de Jealsa, Margarita Hermo, afirmou que “é un privilexio contar cun campus organizado por un club de ACB para as categorías base. Para nós é unha prioridade impulsar o deporte polos valores que transmite de vida sa e compañeirismo”. A concelleira de Deportes, Dores Torrado, afirmou tamén que “esta actividade, ademais de axudar a promocionar o deporte e ofrecer unha alternativa lúdica, favorece a conciliación das familias”. Para o Concello de Boiro é unha prioridade apoiar aos clubs e entidades que ofrecen actividades que poñen o foco na promoción do deporte base en calquera das súas modalidades.
Toda a información para realizar as inscricións do campus está a disposición das persoas interesadas na web do Obradoiro. A inscrición inclúe a equipación de xogo, a mochila, un balón e unha entrada para o primeiro partido da tempada do Monbus Obradoiro.

Na presentación da actividade participaron a concelleira de Deportes, Dores Torrado; o director de marketing do Monbus Obradoiro, Daniel Agra; o xogador ACB do Monbus Obradoiro, Fernando Zurbriggen; a directora de relacións institucionais de Jealsa, Margarita Hermo; e o membro do Club de Baloncesto Santa Baia, Guillermo Outeiral.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...