As novas técnicas para o aproveitamento resineiro centraron unha nova xornada da Comunidade de Montes de Baroña

02 Xuño 2022

A Comunidade de Montes de Baroña, en colaboración coa Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) e o Centro de Investigación Forestal Lourizán, desenvolveu este luns 30 de maio unha nova Xornada de divulgación sobre o aproveitamento resineiro.

No seu transcurso déronse a coñecer os últimos avances en traballo cooperativo e novas técnicas de extracción do produto, co obxectivo de mellorar a obtención de resinas naturais nas masas de piñeiros.

A xornada tivo unha parte teórica na que se deron a coñecer os resultados das novas investigacións e unha parte práctica no monte onde se realizaron as diferentes técnicas para a obtención de resina.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión