Abre o prazo para solicitar as axudas a proxectos de desenvolvemento sustentábel na área das Illas Atlánticas

29 Xuño 2022

A Xunta abriu este mércores 29 de xuño o prazo para solicitar as axudas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas por máis de 1,6 millóns de euros para os anos 2022 e 2023, con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Estas subvencións, que se outorgarán por concorrencia competitiva e cuxo prazo de presentación de solicitudes será dun mes, teñen por obxecto “promover o desenvolvemento sustentábel das poboacións asociadas ao Parque Nacional, fomentando o emprego verde e o emprendemento”.

As actividades obxecto de apoio centraranse en “desenvolver, demostrar, promover e presentar relacións harmoniosas do ser humano coa súa contorna, exemplificando unha nova maneira de relación das persoas coa natureza”, explícase nas bases.

Poderán beneficiarse destas axudas os concellos de Bueu, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vigo e as pemes, cuxa sede estea radicada na área de influencia do Parque e cuxa actividade principal se desenvolva tamén nese ámbito xeográfico. Así mesmo, están incluídas as empresas de inserción laboral e os centros especiais de emprego.

A maiores, poderán optar a estas axudas os autónomos que teñan a súa residencia e actividade na zona, e aqueles que, sen residir alí, realicen actividades produtivas de carácter artesanal ligadas ao sector primario.

No caso das persoas físicas, poden solicitar financiamento os residentes e empadroados na zona de influencia, os titulares dunha concesión na Illa de Ons e os propietarios dunha vivenda dentro do Parque Nacional.

Tamén son posíbeis receptores de axudas as institucións sen fins de lucro e as entidades de dereito público constituídas ao abeiro dalgunha lexislación sectorial en materia de recursos naturais renovábeis.

Concederase o 100 % do investimento subvencionábel cun importe máximo de 100.000 euros no caso dos concellos. Os particulares e institucións sen fins de lucro poderán optar a ata 75.000 euros para centros especiais de emprego, e a ata 15.000 euros no resto dos casos. No que respecta ás entidades empresariais, terán un tope máximo de 75.000 euros no caso de empresas de inserción laboral e de centros especiais de emprego, e un máximo de 15.000 euros no resto dos casos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.