Dende este luns 27 de xuño e ata o venres 15 de xullo está aberto o prazo de matriculación para o curso 22/23 no Conservatorio de Música Profesional Enrique Paisal.
O proceso farase totalmente de forma telemática a través da web do Concello.
Aula Galega de Saxofón
O Concello de Ribeira tamén informou de que a pasada fin de semana a Aula Galega de Saxofón puxo remate á 14 edición da actividade. Ante a imposibiidade de asistir da pianista Hilomi Sakaguchi o alumnado optou por ofrecer unha pequena intervención por grupos na rúa de Galicia.
Nesta edición que rematou a Aula tivo 15 alumnos e alumnas chegados de diferentes puntos da xeografía galega de incluso Madrid.

O profesor titular foi Xabiel Çasal, membro de Fukio Saxophone Quartet e profesor do Conservatorio Superior das Illas Baleares.



