A historia de Muros explicada nunha maqueta

Instalada no Centro de Interpretación de San Pedro, é iniciativa da asociación Auga e Sal e permite explicar de forma moi gráfica a evolución histórica da vila mariñeira.

Centro de Interpretación de San Pedro, en Muros, acolle desdeesta semana unha maqueta coa que a asociación Auga e Sal engade un atractivo mais para coñecer a historia desta vila mariñeira dende a época medieval ata o nosos días. E non só para os visitantes, tamén para os veciños que se queiran achegar e coñecer mais da historia e transformación de Muros ao longo dos últimos cinco séculos.

Contouno en COPE das Rías, Monse París, coordinadora desta asociación Auga e Sal destaca que a maqueta mestura as dúas épocas do Muros actual e do medieval e non foi doado poder levala a cabo porque “é moi compricado pola documentación que hai saber exactamentecómo era a vila en cada época”.

De ahí que se decidira “mesturar todo o que explicamos nas nosas presentacións aos visitantes, porque dalgunhas cousas quedan moi pucos restos e é moi difícil facerse unha idea”

A muralla medieval que rodeaba a vila mariñeira na época medieval e que chegaba ao carón do mar, ata o porto que fixo que Muros adquirira unha relevancia comercial notable “cun pequeno embarcadeiro, que é do que sen ten constancia, porque os portos medievais non son como os de agora, senon que as veces era simplemente unha praia ata onde chegaban os barcos”, como se pode comprobar nesta maqueta que proxecta con luz o actual peirao muradán fronte a ensenada da época medieval.

E que da boa conta non só da relevancia comercial de Muros, como tamén da necesidade de defenderse dos ataques que viñan do mar, “o último, dos franceses que destruiron o arquivo municipal o que oprovoca que na actualidade teñamos pouca documentación sobre a historia de Muros”, explica Monse xa que este tipo de vilas “eran moi codiciadas e atacadas, sobre todo por mar”.

Esta muralla é sen dúbida o elemento mais chamativo desta maqueta cuxo autor é o pontevedrés Chema Vales (Maquestudio), “que entendeu a nosa idea inmediatamente, apoiándose nos libros de Pedro García Vidal Noia e Muros. Paisaxes urbanas de séculos (I e II)

E que se suma a oferta turística e documental dunha localidade, a de Muros, que está rexistrando un incremento de visitantes nos últimos tempos.

E con perspectiva de medrar mais xa que, como explica Monse París, “o Camiño vólvenos a resituar” na oferta turística de Galicia para o turismo nacional e internacional, “e coido que esta ría de Muros Noia, a mais virxe de tódalas Rías Baixas, está de moda” polo que espera que este verán, “e aínda que a suba de prezos está xerando algunhas incertezas, sexa unha boa campaña turística”, sempre mantendo o compricado equilibrio de medrar en turistas sen estropear o que precisamente atrae a todos eses visitantes.