A Deputación destina 104.000 euros (Plan Único) á ampliación da rede de abastecememento de Corques, Rianxo

20 Xuño 2022

A Deputación da Coruña financia, a través do Plan Único, as obras de dotación e ampliación da rede de abastecemento de auga no lugar de Corques, na parroquia de Taragoña, no concello de Rianxo. Segundo informa a entidade provincial as obras contan cun orzamento base de licitación de 103.962,06€. Servirán para paliar a inexistencia deste servizo básico na zona e para mellorar a seguridade viaria.

A Deputación fai saber que “na actualidade o lugar de Corques, pertencente á parroquia de Taragoña, carece de rede pública de abastecemento de auga, mentres que no entorno do lugar existe unha condución xeral que dá subministro á rede pública de abastecemento para outros lugares, onde se prevé unha conexión para dar servizo á nova rede proxectada”. As obras a levar a cabo consistirán na apertura de gabias, para instalar as tubaxes dun novo servizo de abastecemento á zona. Posteriormente, executarase a pavimentación da plataforma afectada, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria.

Desde a súa creación en 2017, o Plan Único da Deputación da Coruña financiou máis de 360 obras de ciclo de auga (abastecemento e saneamento) nos concellos da provincia, cun investimento global de preto de 46 millóns de euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.