A Deputación conmemora o 28 de xuño co segundo Congreso “A Memoria Diversa”

03 Xuño 2022

O Pazo de Mariñán acollerá os días vindeiros a segunda edición do Congreso A Memoria Diversa, unha das actividades do programa Liberdade de ser e de sentir, a campaña que impulsa a área de Igualdade da Deputación da Coruña co gallo do Día da Diversidade Sexual (28 de xuño), para “sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, con independencia da súa orientación sexual e identidade de xénero”.

O congreso será os días 10 e 11 de xuño. No evento tamén se vai presentar o libro de entrevistas Memoria diversa, de Eva Mejuto, editado pola Deputación. As xornadas están abertas a todo o público. As inscricións poden formalizarse nunha ligazón específica.

“O congreso”, explica a responsable provincial de Igualdade, María Muíño, “naceu en 2021 para afondar na perspectiva social, política e humana da diversidade a través de voces e movementos necesarios, ausentes noutros estudos relacionados coa memoria histórica e como punto de partida ao moitísimo que queda por investigar arredor da Memoria LGBTIQA+, un colectivo especialmente invisibilizado e maltratado”.

Muíño destaca tamén María Muíño destaca tamén a implicación e participación de colectivos LGTBQI+ no congreso: “Participarán representantes de Rede educativa de apoio LGTBQI+, de Agrocuir da Ulloa, do Comité Galego Antisida, de Les Coruña ou de Avante LGTBQI+, entre outros”. “Desde hai xa anos”, engade, “vimos traballando man a man tanto cos concellos como cos colectivos porque só desde a participación e a coordinación podemos avanzar; tecer redes para avanzar sen esquecernos dos que nos precederon e que tanto pelexaron”.

Programa

Venres 10

16.30: A nosa memoria tamén é diversa, co participación de María Muíño, deputada de Igualdade da Deputación da Coruña, e Marcos Gabriel López, comisario de Memoria diversa.

16.45: Disidencias sexuais na Galiza contemporánea. Inclúe a palestra A defunción dos sexos, na que intervirá Daniela Ferrández, doutora en Historia contemporánea e investigadora da historia LGTBIQA+ en Galiza; e o Mapa sonoro da memoria LGBTIQA+, de Adrián Gallero, do colectivo Agrocuir da Ulloa. Presenta e modera Ana Ojea, Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia.

18.15: Literatura e artes visuais na Galiza. Voces alén da norma, con Xosé M. Buxán Bran, profesor da Facultade de BBAA de Pontevedra, e Beatriz Suárez Briones, profesora da Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo. Presenta e modera Gena Baamonde, da Rede Galega Estudos Queer.

19.30: Proxección da película documental Vestidas de azul (1983), de Antonio Giménez Rico. Coa presenza de Nacha la Poderosa, protagonista do filme.

Sábado 11

10.30: Presentación do libro Memoria diversa, de Eva Mejuto, a quen acompañará a deputada María Muíño.

11.00: Do que non se fala, non existe, con Nanina Santos Castroviejo, co-fundadora da Asociación Galega da Muller (AGM) e integrante da revista ‘Andaina’.

11.30: E ademais, maricón, co escritor Lois Diéguez. Presenta e modera a escritora Eva Mejuto.

12.15: Maiores LGBT: A xeración silenciada, con Federico Armenteros, presidente da Fundación 26 diciembre, e Trinidad Falcés, activista LGBT, Premio Elisa e Marcela. Presenta e modera, Fito Ferreiro, da Asociación Palestra.

16.30: Os inicios do movemento LGBT galego, con Quique Costas, membro do Colectivo Gai de Compostela; Magolla Sande, promotora do Colectivo de Feministas Independentes de Santiago; Vicente Montoto, membro do Colectivo Gai de Compostela; e Xabier Mañón, membro do Colectivo Gai de Vigo. Presenta e modera: Bárbara Vilariño, de Les Coruña.

18.15: Os anos da SIDA, con Nacho Iglesias, traballador social e membro do Comité Galego Antisida de Santiago. Presenta e modera: Xandre Garrido, da Asociación Avante LGBT+.

19.15: Concerto Transpirando, de O Rabelo.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...