Un home resultou ferido de gravidade ao ser atropelado por unha furgoneta no peirao de Porto do Son.
O 112 Galicia recibiu a alerta do accidente a través da persoa que conducía o vehículo, ás dúas e cuarto desta tarde. Segundo indicaba na súa comunicación, golpeara ao home cando circulaba marcha atrás.
Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao home ferido e no que foi evacuado ao centro hospitalario de referencia.
Ademais, no operativo tamén interviñeron, tras alertados desde o 112 Galicia, os membros de Protección Civil e os axentes da Policía Local e da Garda Civil. O home duns 50 anos de idade e veciño do lugar de Outeiro.
