“Tía Manuela: O nome do virus”. Luís Celeiro

16 Maio 2022


O expertos recoñecen, coñecen e estudan diversas variantes da Covid 19 e a cidadanía auméntaas, como fixo un destes días aquela señora que viña do salón de beleza recén peiteada, e ao parecer, sen bisoñé. Estiveran falando, escoitando e aprendendo, dándolle voltas á lingua e ás ideas confusas que posuían. As profesionais do salón e as clientas do mesmo salón eran mulleres interesadas polo cambio do mundo nalgúns aspectos. Noutros non, noutros casos defendían a continuidade, como un mal menor.
Coñecían e opinaban das variantes do virus que danza continuamente entre os nosos e os outros. Opinaban das mutacións, dos cambios no xenoma do virus e das súas transformacións; daban a entender que eran expertas e coñecedoras dos distintos grupos de virus e das súas características. Unha daquelas, probablemente das máis expertas, dixo con voz grave de muller faladora, que a enfermidade da Covid, como as outras víricas, “evoluciona sen parar, atendendo aos cambios que se producen no código xenético”. Aí queda iso, para a ciencia e para historia!
Rosa, unha das máis caladas, pero tamén con aparencia e estilo de ilustrada, mandou parar e esixiu escoitar. Amigas! Falo pola experiencia acumulada ao longo destes enormes meses, “non teñades medo, todo está controlado polas autoridades sanitarias e pola Xunta de Galicia”.
Non teñades medo -dixo-, “a variante da Covid 19 que anda nesta volta, a macron, é moi suave, non fai nada, é un catarro lixeiro”.
-A macron? -Si, si, esa que descubriron recentemente e con infeccións moito máis leves que as producidas polas outras variantes que se coñecen. Ás veces parece que nos sitúan, a peito descuberto, diante da valentía da ignorancia, unha infección colectiva, unha pandemia que destrúe o corazón, a cabeza e a alma de cada un dos membros da cidadanía afectada e maioritariamente confusa e, poida que, equivocada.
Emmanuel Macron non sabe nada. Seguramente, despois de ler este artigo, a través do seu gabinete, tome contacto coa Tía Manuela para certificar e para que saiba ela e os seus lectores, que a variante ómicron, efectivamente, é máis suave, máis lixeira e menos perigosa, entre outras cousas, por non estar asociada a nome de político.
Aínda así, con equivocación ou sen ela, a xente ve aos que sofren e aos que se aproveitan do nome , do virus e da pandemia. Lamentable!

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.