Ribeira licita a dotación de solucións intelixentes en catro pasos de peóns da avenida da Coruña

31 Maio 2022

O Concello de Ribeira vén de licitar a dotación de solucións intelixentes para catro pasos de peóns. É o resultado da consulta preliminar ao mercado efectuado no 2021 no ánimo fin de implementar medidas innovadoras que redunden na seguridade viaria e dos viandantes. Esta intervención está enmarcada na EDUSI Máis Ribeira Atlántica, co-financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional do España (POPE) 2014-2020.

De acordo co prego de condicións técnicas, a actuación materializarase en catro pasos de peóns situados na avenida da Coruña, á altura dos números 149, 92, 82 e 6.

Implica a instalación en cada un deles dos seguintes elementos:

• Instalación de sinalización LED vertical en ambos sentidos do tránsito diante do paso de peón (2 por paso de peón) orientadas cara os condutores, as cales iluminaranse de forma selectiva co paso dos peóns alterando a súa iluminación en intensidade e frecuencia e/ou cor. A alteración na iluminación da sinalización LED vertical estará vinculada á detección de peóns cruzando o paso.

• Instalación de sinalización LED horizontal en forma de balizas lonxitudinais sobre o extremo da beirarrúa adxacente á calzada para informar aos peóns da seguridade de cruzar o paso de peóns mediante cambios na cor das mesmas (sendo verde paso seguro e ámbar/vermello situación de risco). A alteración na sinalización LED horizontal estará vinculada á detección de vehículos dirixíndose ao paso. Dita sinalización LED deberá cubrir unha sección lonxitudinal de, polo menos, 2 metros con entre 2 e 4 balizas lonxitudinais.

• Instalación na beiravía (arcén) e na liña central de balizas LED con paneis solares integrados antes do paso de peón en ambos sentidos da marcha dos vehículos para mellorar a súa visibilidade. Instalaranse, polo menos, 16 balizas en cada paso de peóns repartidas de forma equitativa en cada sentido da marcha e, en cada un deles, entre a liña central e a beiravía dereita.

• Instalación na beirarrúa de luminarias LED a ambos os extremos de cada paso de peón sobre báculos fabricados nun material resistente ás condicións de salinidade e precipitacións de Ribeira.

• Instalación de elementos de detección de peóns en ambos os extremos de cada paso de maneira que se poida activar de forma selectiva a sinalización LED vertical, así como as luminarias no caso de que se desexe un funcionamento non permanente das mesmas.

• Instalación de radares pedagóxicos con display LED configurábel en ambos os sentidos para advertir aos vehículos da súa velocidade.

• Elementos de concienciación en materia de seguridade viaria na forma de pictogramas que indiquen o comportamento que deben seguir os peóns para previr situacións de risco, xa sexa mediante pictogramas sobre a beirarrúa ou placas situadas no soporte da sinaléctica e/ou iluminación.

A actuación ten un orzamento base de licitación de 92.604,78€, IVE incluído, e un prazo de execución de cinco meses distribuídos en cinco fases a partir da sinatura do contrato (lanzamento do proxecto e planificación; adaptación e validación do deseño, replanteo sobre o terreo, xestión de licenzas e subministros; obra civil e instalación; e probas e aceptación).

As empresas interesadas dispoñen ata o 14 de xuño a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...