Portos de Galicia apela á colaboración dos concellos para poder aumentar os horarios e zonas autorizadas á pesca recreativa

20 Maio 2022

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, contestou esta mañá a unha pregunta oral na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia sobre as accións desenvolvidas polo ente público para ampliar os horarios e zonas autorizadas á pesca recreativa en superficie nos peiraos de titularidade autonómica. Susana Lenguas instou aos Concellos que apoiaron publicamente as demandas dos colectivos desta actividade a ir máis alá e formalizar o seu apoio aportando a colaboración institucional que Portos lles solicita para poder abrir máis zonas e horarios minimizando os riscos, tal e como fan noutras actividades de ocio efectuadas nos portos.

“Non é un asunto menor permitir unha actividade de ocio nunha contorna profesional coma a portuaria”, explicou, polo que é preciso “establecer un control e vixilancia por parte dos Concellos ao tratarse dunha actividade vinculada unicamente ao ocio veciñal e allea por completo á actividade portuaria”. Ademais engadiu que Portos “dá por feito o compromiso dos Concellos despois de que os representantes municipais fosen os abandeirados de moitas das solicitudes de apertura de novas zonas”. 

Así mesmo, Susana Lenguas subliñou o esforzo realizado por Portos de Galicia para integrar esta actividade mantendo contacto cos colectivos representantes dos pescadores recreativos. Ademais lembrou que se flexibilizaron os prazos de alegacións para modificar, en base á experiencia recadada neste ano de vixencia, a normativa publicada o pasado verán que levantou a prohibición á pesca recreativa no 70% do sistema portuario autonómico.

En base ás 41 solicitudes recibidas, relativas a 31 dársenas, o ente público propón agora o incremento de zonas e horarios permitidos para esta actividade en 29 portos, o que achegaría ao 90% do sistema portuario o levantamento da prohibición vixente desde 1970.

Deles, en catro amplíanse os tramos sen necesidade de someterse a ningún requisito engadido aos que xa rexían e nos 25 restantes ofrécese esta posibilidade condicionada ao apoio en materia de vixilancia e control por parte dos Concellos.

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, responderá a unha pregunta relacionada coa normativa sobre a pesca recreativa nos portos na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo. foto xoán crespo

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.