Os rianxeiros descargan en menos de 6 horas os packs de bonos virtuais da Campaña Bonos Rianxo.

27 Maio 2022

A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) e o Concello de Rianxo fixeron un primeiro balance da actividade xerada pola campaña conxunta de Bonos Rianxo, impulsados polas dúas entidades para incentivar as compras no concello neste texto postpandémico e de crise económica. Segundo fixeron saber, o pasado martes 24 deu comezo a campaña do programa Bonos Rianxo impulsada dende o Consistorio a petición do comercio local, unha campaña que consistiu na activación da web destinada á descarga dos lotes de bonos. As descargas comezaron ás 12:00 horas e antes das 18:00 xa se descargaran os 400 lotes de bonos virtuais dispoñíbeis.

Por outra banda, tal e como se recolle nas bases da campaña, fíxose unha reserva de bonos para poñelos a disposición, en formato físico, de persoas maiores e/ou con dificultade para acceder aos bonos virtuais. En concreto serán 100 lotes de bonos que se poderán solicitar o vindeiro mércores día 1 na sede da ARE a partir das 9:00 horas. Ao igual que no caso dos bonos virtuais, os solicitantes dos bonos físicos deberán identificarse co seu DNI e asinar unha declaración responsábel sobre o cumprimento dos requisitos establecidos.

Cada lote de bonos ten un valor de 30 € e están divididos en 2 bonos de 10 € e 2 bonos de 5 €. Cada bono de 10 € poderá descontarse en compras iguais ou superiores a 20 € e cada bono de 5 € en compras iguais ou superiores a 15 €. Isto vai supoñer a mobilización de, como mínimo, uns 45.000 € en compras e gastos realizados nos 37 negocios adheridos á campaña. Os bonos poden trocarse até o vindeiro 30 de xuño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.